Municipal

O BNG solicitará vía moción a reprobación do Alcalde de Ourense

Consideran "ruinosa" a compra dos "busitos".

Paco Sarria

Ourense |

O BNG solicitará vía moción a reprobación do Alcalde de Ourense
O BNG solicitará vía moción a reprobación do Alcalde de Ourense | onda cero ourense

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense pedirá a reprobación do Alcalde pola compra dos “busitos”.

Os nacionalistas responsabilizan ó rexidor de empecinarse e de dilapidar perto de 3 millóns de euros na compra duns vehículos “ruinosos, que non cumpren co seu cometido e que acumulan continuas avarías e queixas dos veciños e dos traballadores da concesionaria”.

Por elo o voceiro nacionalista Luis Seara levará ó pleno de abril unha moción demandando a reprobación.