O BNG pide unha nova exposición pública do PXOM de Ourense
Elevará a petición ó pleno municipal desta semana

5 de mayo de 2025
Ourense |
O grupo municipal do BNG defenderá e solicitará en Pleno unha nova exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
De tal xeito os nacionalistas pedirán ó resto de membros da Corporación instar ó goberno de Democracia Ourensana a apertura dun novo prazo de exposición pública co obxecto de “garantir unha maior impecabilidade do procedemento de aprobación”, explicou o voceiro, Luis Seara.