Ourense |
O BNG no Parlamento de Galicia esixe á Xunta a protección da histórica pintada galeguista no mosteiro de Celanova.
O parlamentario Iago Tabarés reclama aclarar a autoría e alcance da intervención na fachada o inmoble e garantir a restauración do que considera un símbolo da memoria democrática que é atribuído a Celso Emilio Ferreiro e a Pepe Velo.
A pintada di “Adiante/Seminario” e foi realizada na década dos anos 30 por membros das Mocidades Galeguistas, estando vencellada á difusión do xornal “Adiante” que era o órgano de expresión da devandita organización durante a segunda República.
Tabarés explicou que a pintada pudo verse alterada como consecuencia dunha rodaxe cinematográfica.