Ourense |
O grupo municipal do BNG reclamará no próximo pleno financiamento xusto para o Servizo de Axuda no Fogar.
Para a formación nacionalista o SAF é unha ferramenta esencial para garantir unha vida digna ás persoas maiores, dependentes ou con dificultades de autonomía, evitando situación de institucionalización innecesarias e favorecendo a cohesión social, segundo explicou o voceiro Luis Seara.