Municipal

O BNG de Ourense cree que a pisciña de As Burgas xa podería estar aberta

Responsabilizan ó Alcalde de que non sexa así

Paco Sarria

Ourense |

O BNG de Ourense cree que a pisciña de As Burgas xa podería estar aberta | onda cero ourense

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense creen que a pisciña termal de As Burgas podería ser aberta "mañá" mesmo e que si non é así é por que "ó Alcalde non lle da a gana".

Os nacionalistas queren así desmontar os argumentos de carácter técnico esgrimidos polo rexidor para demorar un mínimo de 9 meses máis a devandita apertura.

Para o Bloque; explica Luis Seara; a verdadeira razón do peche é que o Alcalde quere privatizar todo o complexo termal e "até que non o consiga seguirá privando ós veciños e veciñas de Ourense do uso dun espazo único e no que foron investidos máis de un millón de euros de fondos públicos.