O BNG ve dubidosa a poxa por unha barra no Entroido de Ourense
Os nacionalistas non comparten o procedemento

5 de mayo de 2025
Ourense |
O grupo municipal do BNG dubida das bases impulsadas polo goberno de Democracia Ourensana para a adxudicación dunha barra de bar durante as festas do Entroido.
Os nacionalistas pedirán explicacións ó goberno local polo método empregado (de poxa)para o establecemento e pagamento do canos xa que, feitas varias consultas “resulta cando menos dubidoso o modelo escollido”, di o voceiro do Bloque Luis Seara.
Entre as dúbidas xeradas figura o exemplo de que nas bases fálase de “pago en especies” a empresas que o propio Concello indique.