Municipal

BNG denuncia precariedade no Parque de Bombeiros de Ourense

Faltan medios humáns e técnicos

Paco Sarria

Ourense | 21.08.2024 09:24

BNG denuncia precariedade no Parque de Bombeiros de Ourense | onda cero ourense

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a situación precaria na que se atopa o Parque Municipal de Bombeiros de Ourense. Para os nacionalistas faltan tanto medios materiais como medio humáns, o que podería provocar un problema de seguridade na cidade.

Poñen como exemplo o ultimo incendio habido no barrio de Covadonga xa que de haber nese momento outra emerxencia non podería ter sido atendida, o que para Luis Seara, voceiro do grupo municipal, "denota a irresponsabilidade deste goberno ó que o único que lle importa son as festas.

Apuntan asemade carencias técnicas no mantemento dos vehículos do parque e que neste momento serían necesarios, alomenos, 10 efectivos máis.