Deporte

O BNG critica á Xunta por non estar preparado o Estadio de O Couto para un evento solidario-deportivo

O encontro solidario xuntos polo lume non pudo disputarse en Ourense

Paco Sarria

Ourense |

O BNG critica á Xunta por non estar preparado o Estadio de O Couto para un evento solidario-deportivo | la voz de galicia

O Bloque Nacionalista Galego lamenta que o partido solidario Xuntos contra o Lume non se puidese disputar no Estadio de O Couto “por desidia e neglixencia da Xunta de Galicia”.

Os nacionalistas denuncian que o encontro estaba previsto para o campo de fútbol ourensán e non para Balaídos, onde finalmente foi, pero non pudo celebarse aquí polo estado lamentable do terreo de xogo, o que perxudica gravemente os intereses dos clubes que fan uso dos estadios do que é responsabilidade no caso da cidade, exclusivamente, a administración autonómica.

Para o voceiro municipal Luis Seara “é lamentable que un partido, cuxo obxectivo era a solidariedade coas zonas castigadas pòlos lumes na provincia tivera que disputarse fora da mesma por carecer aquí de instalación mínimamente dignas.

Pola súa parte o parlamentario autonómico, Iago Tabarés. Adiantou que os nacionalistas presentarán unha batería de iniciativas na Cámara galega para coñecer os motivos que levaron ó deterioro do terreo de xogo de O Couto, así como para acometer reformas que consideran necesarias