Municipal

O BNG confirma que o Concello de Ourense adebeda 18 millóns ó Servizo Municipal de Transportes

Acusan ó PP de dar osíxeno ó Alcalde Jácome

Paco Sarria

Ourense |

O BNG confirma que o Concello de Ourense adebeda 18 millóns ó Servizo Municipal de Transportes | onda cero ourense

A Xunta de Goberno Local ratificou a advertencia do BNG sobre a delicada situación económica do Concello de Ourense ó recoñecer unha débeda coa concesionaria do transporte público municipal de 16 millóns de euros.

Os nacionalistas explican nun comunicado de prensa que o goberno de Democracia Ourensana vese na necesidade de levar a pleno unha nova modificación de creto por importe de 18 millóns de euros xa que hai que abonar perto de millón e medio por xuros de demora.

Para o voceiro nacionalista Luis Seara “evidénciase unha vez máis que os nacionalistas non minten; algo que si fai continuamente o Alcalde”.

O Bloque aproveita a ocasión para sinalar ó PP por dar osíxeno coas modificacións de creto ó gobernó de Pérez Jácome.