Municipal

Barbadás seguirá bonificando o transporte público ata o 2028

A Xunta prorrogou o convenio por 491 mil euros

Paco Sarria

Ourense |

Barbadás seguirá bonificando o transporte público ata o 2028 | Onda Cero Ourense

A Xunta de Galicia prorrogou ata o 2028 co concello de Barbadás o convenio para bonificar o transporte público. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo e o alcalde Xosé Carlos Valcárcel Doval, asinaron o acordo que establece accións de promoción no uso do transporte público con unha achega económica de 491.200 euros.

A colaboración entre ambas entidades permitirá descontos nas viaxes de uso xeral e manterá as bonificacións sociais dirixidas a estudantes, pensionistas e persoas en situación de vulnerabilidade.

Deste xeito as persoas usuarias pagarán 0,90 euros por billete na tarifa xeral obtendo máis descontos no caso de persoas maiores, ou persoas en situación de risco ou emerxencia social.