Baltar xulgado no Supremo por exceso de velocidade
Circulaba a 215 nun tramo limitado a 120Km/h
Ourense |
O Tribunal Supremo xulga hoxe ó ex presidente da Deputación e do PP ourensán, e actual Senador, José Manuel Baltar Blanco, acusado de circular pola autovía Rías Baixas, na provincia de Zamora e nun tramo limitado a 120, a 215 km/h. Algo que el calificou como despiste.
Baltar, xulgado pola sala do penal do Alto Tribunal, afronta unha petición fiscal de 1 ano de privación do carnet de conducir e o pago dunha multa de 1800 euros.
O xuizo chega un ano despois do suceso ocorrido en abril do 2023 cando ainda exercía como presidente da Deputación ourensán e ía ó voante dun coche oficial á altura da localidade zamorana de Asturianos.