Xornada futbolística da fin de semana en Ourense
En Onda Deportiva Ourense repasamos ó máis destacado da xornada futbolística en Ourense
Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2 RFEF
CD Arenteiro 1-5 Pontevedra CF
Dura derrota do Arenteiro ante un dos cocos da categoría como o Pontevedra, que foi un vendaval sobre o céspede de Espiñedo e que provocou que os de Fran Justo perderan o seu primeiro encontro neste 2022. Os visitantes adiantábanse aos 24 minutos de encontro e xusto antes do descanso os do Carballiño perdían a Adrián Cruz que via a vermella directa. Seoane anotaba o 0-2 antes do descanso e todo quedaba visto para sentencia. Xa na segunda metade o Arenteiro perdía tamén a Pol Bueso que era expulsado. Con dous menos (e as lesións de Diego García e Uxío da Pena) o Pontevedra fixo o terceiro e Sobrido recortou distancias para os locais que ainda encaxarían dous tantos máis. Os de Carballiño volven a postos de descenso, ainda que empatados no play off da permanencia.
A vindeira semana CD Arenteiro viaxa ó Vero Boquete de San Lázaro para visitar ó Compostela
3 RFEF
Rápido de Bouzas 3-0 Atlético Arnoia
Derrota do Arnoia nun encontro que tivo dúas partes diferenciadas. Unha primeira na que os de Iván González dominaron e a piques estiveron de adiantarse por mediación de Dani Arbo, e unha segunda na que o Rápido de Bouzas abriu a lata e acabou afondando na ferida do conxunto arnoiés. No 53 Adrián Rodríguez abría a lata para os vigueses que suman 15 xornadas sen perder, foi un mazazo para o Arnoia xa que 5 minutos despois recibía o segundo tanto en contra. Xa no desconto chegou o derradeiro e definitivo 3-0 que mantén o Arnoia colista.
A vindeira semana o Atlético Arnoia recibe na Queixeira ó Racing Vilalbés
Lugo B 1 - 0 CD Barco
Derrota do Barco nunha saída moi compricada ao campo dun dos clubes que loita polo liderado do grupo, o Polvorín. Os de Javi Rey atopáronse cun tanto en contra aos 13 minutos de encontro, obra de David Rojo, que xa non foron quen de remontar. Na segunda metade o Barco tentouno, ata que a expulsión de Morais por dobre cartón deixounos cun home menos e fixo imposible calquera posibilidade de sumar puntos.
A vindeira semana o CD Barco recibe en Calabagueiros ó Choco
Aprazado ó partido do Ourense CF frente ó Sofan SD
Preferente Galicia
Verín CF 1-1 SD Nogueira
Derbi provincial que finalizou en empate e que non beneficia a ningún dos dous conxuntos. O Verín non lle serve para abrir distancia cos seus perseguidores e o Nogueira non consegue engancharse a algunha praza mais alta. Tras uns primeiros 70 minutos sen grandes ocasións e intercambio de dominio, o Verín adiantábase no 78, gracias a un tanto de Pablo Carnero. O Verín parecía que levaría os 3 puntos, pero a 3 para o final chegaba o empate do Nogueira por mediación de Oliver.
O Verín CF descansa a vindeira semana e o Nogueira recibe ó Polígono
Cultural Areas 1-2 UD Ourense
Outro triunfo da UD Ourense que xa parece definitivo para conseguir o liderato a final de Liga. Os vermellos completaron un encontro moi desputado ante un Areas que non llo puxo nada sinxelo aos de Jorge de Dios. Adiantábanse os locais na primeira metade, pero Hugo conseguía o empate tras unha gran xogada colectiva. Xa na segunda metade, o propio Hugo García transformaba un penalti que valía 3 novos puntos para un conxunto que non sabe o que é perder esta tempada e que acumula 15 vitorias consecutivas.
O vindeiro sábado, a UD Ourense recibe no Couto ó Sporting Guardés.
UD Barbadás 3-0 Caselas CF
Novo triunfo do Barbadás, que tras superar tamén o Cultural Areas no encontro aprazado no seu día pola COVID, apuntala a segunda praza e mantense con algunha opción de alcanzar a UD Ourense. Os azulóns venceron con claridade ao Caselas. Os pupilos de Agustín adiantábanse no minuto 23 por mediación de Isma Martínez e no 36 deixaban o partido sentenciado cun tanto de Marcelo. Basirou Wade no desconto faría o terceiro e definitivo gol. 12 encontros de perder acumula sen perder o Barbadás dende que caeu fronte a UD Ourense.
A vindeira semana o Barbadás viaxa para enfrentarse ó Porriño.
Polígono 0-0 Porriño Industrial
Valioso empate do Polígono que freou no Antonio González a un Porriño que viña nunha boa xeira de resultados e loitando polos postos de playoff. Os industriais competiron de ti a ti ante un rival a priori superior, pero que non fei de perforar a meta dos locais. Os pupilos de Emilio Padrón completaron un gran encontro que lles permite sumar 9 puntos e igualar ao Mondariz, polo que métense na loita por evitar pasar como colista a seguinte fase.
A vindeira semana ó Polígono visita ó Nogueira.
Fútbol Feminino
EFF Rosalía 10-0 Balaídos
Triunfo importante do Rosalía ante un Balaídos que non foi rival para o conxunto pontino. As visitantes chegaban a capital das Burgas con numerosas baixas e o Rosalía aproveitouno deixando o partido visto para sentencia antes do descanso. 2 tantos de Fara, 1 de Ana, outro de Patricia e un máis de Zaira, permitían o Rosalía marchar o descanso cunha vantaxe de 5 goles. Tralo descanso Miguel Saa aproveitou para facer trocos e mudar de posición as xogadoras e o ritmo non baixou. Outros 5 tantos obra de Patricia, e Fara e Lidia por partida dobre, establecían o 10-0 final.
E tamén ... Polideportivo