A xornada no fútbol ourensán desta fin de semana
En Onda Deportiva Ourense repasamos o máis destacado do fútbol de Ourense na xornada desta fin de semana
Onda Deportiva Ourense - Fútbol
Segunda Federación
CDA Navalcarnero 0-0 CD Arenteiro
Empate do Arenteiro despois da resaca copeira, nun encontro moi desputado, especialmente pola loita física e que permitiu ós de Fran Justo sumar un valioso punto ante un rival da parte baixa e que cedeu poucos puntos como local. Tras unha primeira metade de moito respecto e poucas ocasións, o guión mudaría na segunda metade, onde ambos equipos foron en busca do tanto da vitoria, abríronse os esquemas e houbo máis ocasións, pero o resultado inicial non se movería.
O Arenteiro é décimo sexto con 14 puntos a 4 da salvación e a 3 do play off de permanencia.
Terceira Federación
Racing Vilalbés 0-1 Ourense CF
Triunfo pola mínima do Ourense CF que soubo aproveitar e sacar proveito da efectividade e dun tanto de Tiago Rodríguez que declinou a balanza e deulle tres importantes puntos aos ourensáns para seguir máis vivos na loita polo playoff. Clave tamén foi o gardarredes dos de Rubén Domínguez, Marqueta, que detivo un penalti na primeira metade. Xa na segunda chegaría o tanto de Tiago e varias ocasiones para ampliar distancias.
Atlético Arnoia 1-1 CD Barco
Empate no derbi provincial, no que o encontro estivo moi desputado e no que o Barco mereceu mellor sorte, especialmente na segunda metade, onde dominou con claridade. César adiantaba o Arnoia nunha primeira parte no que os locais estiveron máis atinados en ataque. Javi Pazos igualaba a contenda na segunda metade, cando o conxunto de Valdeorras se volcaba sobre a meta rival. Lamelas puido anotar o derradeiro do encontro para o Arnoia, pero o seu remate en boca de gol marchou alto. Finalmente empate e un punto que non satisface a ningún dos dous conxuntos.
O mércores as 16:00 horas xógase na Queixeira o partido adiado entre o Atlético Arnoia e o Ourense CF
Preferente Galicia
UD Ourense 6-0 Caselas
Triunfo incontestable dunha UD Ourense que vai lanzada no seu camiño para ascender á Terceira Federación. Desta vez o triunfo chegou nun gran encontro no que superaron o Caselas por 6-0 e no que aos 35 minutos xa vencían os de Jorge de Dios por 4-0 gracias aos tantos de Champi, Carlos de Dios e Hugo por partida dobre. Na segunda metade Villarino e Charles completarían a goleada.
A UD Ourense segue líder con 33 puntos.
Velle 0-2 Nogueira
No derbi ourensán da Preferente o triunfo caeu do lado do Nogueira que suma 3 valiosos puntos para seguir escapando da zona de descenso e tentar loitar por xogar playoff de ascenso. O Velle queda moi tocado por unha derrota que comezou a fraguarse ben cedo, xa que os de Luintra se adiantaban no marcador no minuto 3, gracias a un tanto de Xacobo. Roberto faría o segundo na segunda metade.
O Nogueira é sexto con 18 puntos e o Velle undécimo con 10
Sporting Guardés 2-2 Verín
Valioso empate do Verín, e dicimos valioso, porque os pupilos de Juanjo Vilachá foi a remolque do encontro e atopouse moi cedo co primeiro tanto en contro, cando Peru anotaba en propia porta os 3 minutos. Igualou a contenda Pablo Carnero no minuto 11, pero o Guardés volvería adiantarse ao comezo da segunda metade. Miguel Vilachá no 83 acadaría o definitivo 2-2.
O Verín é cuarto con 24 puntos
Cultural Areas 3-1 Polígono
Derrota do Polígono que volveu a amosar unha gran imaxe e que a piques estivo de levar un punto da Lomba. O Areas adiantábase ao comezo do encontro, pero Iván conseguía o empate para os industriais xusto antes do descanso. Na segunda metade os de Emilio Padrón aguantaron as acometidas rivais, pero dous tantos locais nos minutos finais, privaron o Polígono de sumar un punto.
🗓 Domingo 19
🕔 16:30
⚽ Cultural Areas 🆚 A.C.D. Polígono
🏟 A Lomba pic.twitter.com/B6mIfNulIU
— ACD Polígono San Cibrao (@acdPoligono) December 18, 2021
O Polígono segue colista con 4 puntos.
Mondariz 1-2 Barbadás
Importante triunfo do Barbadás en Mondariz que os aupa a terceira praza e que fai que cobre unha importante vantaxe xa cos seus perseguidores, asegurando a praza de playoff. Os azulóns comezaron perdendo, pero déronlle a volta o marcador na segunda metade, gracias primeriro a un penalti transformado por Toño Nespereira e a un segundo gol de Basirou.
O Barbadás é terceiro con 25 puntos e conta con 2 partidos adiados pola Covid-19.
E tamén ... polideportivo