A xornada deportiva na fin de semana en Ourense
As competicións deportivas están achegándose á súa recta final con moitos equipos ourensáns a piques de cumplir os seus obxectivos
Onda Deportiva Ourense
2 RFEF
Adarve 2-1 CD Arenteiro
Derrota do Arenteiro na súa visita ao Adarve, nun partido compricado, ante un rival da parte alta, pero ao que os do Carballiño non lle puxeron nada fácil facerse cos 3 puntos. Comezarón como un vendaval os madrileños, que os 5 minutos adiantábanse gracias a un penalti transformado por Mayorga e 2 minutos despois acadaban o 2-0, que deixaba o partido moi costa arriba para os de Fran Justo, que ademais perdían no 39 a Pol Bueso por vermella directa. Pese a todo o gol de Renan Zanelli de penalti antes do descanso avivou o Arenteiro, que na segunda metade buscou o empate, ata que as forzas de xogar cun home menos fallaron. Derrota, que pese a todo, mantén os do Carballiño na zona media e con 5 de marxe sobre o descenso.
3 RFEF Fase de ascenso
Ourense CF 1-0 Deportivo Fabril
Triunfo do Ourense CF na primeira das semifinais do playoff ante un combativo Deportivo Fabril. Un partido marcado pola igualdade e na que tras unha primeira metade sen grandes florituras, abriuse o choque na segunda, onde Amin anotaba o tanto para os de Rubén Domínguez. De aí ao final os capitalinos controlaron o xogo, ante un Deportivo “B” que o tentou tímidamente, pero que non foi quen de perforar a meta rival. O Ourense CF xa está na final.
Somozas 2-3 Barco
Vitoria do Centro de Deportes Barco que tamén estará na final do playoff da vindeira fin de semana. Os de Valdeorras disputaron un partido moi completo e proba desto foi o primeiro tanto nos primeiros minutos de encontro cando Óscar Martín, coa axuda dun zagueiro que desvía, enviaba o coiro ao fondo da rede. O Somozas empatou rapidamente por mediación de Rubo e con empate chegouse ao descanso. Trala reanudación o conxunto de Javi Rey saiu moi enchufado e Óscar Martín volvía a anotar para por os seus por diante no marcador, tras unha xogada na que houbo varios rexeites de balón. E 5 minutos máis tarde, Duque aproveitaba un erro defensivo do Somozas para facer o 1-3. O Somozas faría o 2-3 a falta de 3 minutos, pero o Barco aguantou e xa está na final.
A vindeira fin de semana Ourense CF e CD Barco enfrentaranse a partido único. O gañador pasará a última eliminatoria que decidirá ó ascenso á 2 RFEF. En caso de empate despois dos 90 minutos e a hipotética prórroga clasificarase o Ourense CF que acadou mellor clasificación na Fase Regular.
Preferente Galicia, fase de ascenso a 3 RFEF
Umia 1-1 UD Ourense
Empate do Ourense na súa visita a Umia que retrasa o posible ascenso dos de Jorge de Dios unhas semanas. Os ourensáns xogaron un partido moi completo nun campo de reducidas dimensións, foron mellores e ata puideron levar o triunfo, pero non foron quen de perforar a meta rival unha segunda vez. Melo adiantaba aos ourensáns aos 9 minutos, pero o Umia igualaba 4 minutos despois. Hugo e Corzo dispuxeron de dúas boas ocasións no segundo tempo, pero o marcador xa non se moveu.
Portonovo 1-2 Barbadás
Importante triunfo do Barbadás na súa visita a Portonovo que permite aos azulóns engancharse novamente a pelexa polo ascenso e a Copa do Rei. Os de Agustín souberon sufrir nunha saída moi compricada e repuxéronse ao tanto do Portonovo na primeira metade. Un tanto de Toño Nespereira de penalti no 57 e outro de Marcelo Faria no desconto permitiron o Barbadás rescatar 3 valiosos puntos para seguir vivos na loita polos postos de cabeza.
Vilalonga 0-0 Verín
Empate do Verín en Vilalonga, nun encontro que deixa aos de Vilacha sen case opcións para meterse na parte alta da táboa, pero que amosa que o equipo quere seguir competindo ata ao final. Nun partido sen grandes ocasións e sen un dominador claro, o Verín rascou un punto ante un rival que loitaba pola parte alta e que ve lastradas tamén as súas opcións.
Preferente Galicia, fase de permanencia
Juventud de Cambados 3-1 Nogueira
Nova derrota dun Nogueira ao que se lle complica aínda máis a permanencia e que caeu ante un rival directo como o Cambados, que non deu opción aos de Bruno Gómez. Os locais impuxeron a súa lei dende o comezo e o Nogueira só foi quen de meterse no encontro gracias a un tanto de Eloy en propia porta, pero rapidamente recibirían o terceiro e definitivo tanto que deixaba o encontro sentenciado.
Valladares 3-2 Velle
Dura derrota do Velle, que comprica as opcións de salvación dos de Peluso, a pesar de pelexar ante un rival que xa acadou a salvación. Raúl Dinis adiantaba ao Velle aos 6 minutos de xogo, pero o Valladares igualaba no 17. No 27, Martín Caneiro de penalti volvía a pór en vantaxe ao Velle, que chegaba ao descanso con vantaxe de 1-2. Xa na segunda metade o Valladares foi mellor e deulle a volta o encontro cun gol no minuto 68 e outro no 85.
Polígono 0-2 Céltiga
Derrota do Polígono que está xa a 8 puntos da salvación con 9 por xogarse e que confirmou practicamente o seu descenso caendo na casa ante un Céltiga que con este triunfo acaricia practicamente a salvación. Non foi o mellor partido dos de Emilio Padrón, que pelexaron e competiron, pero que se viron superados polo ímpetu visitante.
Fútbol Femenino
Noia 2-1 EFF Rosalía
Derrota da EFF Rosalía nas semifinais do playoff de ascenso ante un Noia que venceu por 2-1, nun encontro no que as pontinas pelexaron ata o final, pero non foron quen de conseguir a igualada para ter opcións de meterse na final. As de Pere Tobaruela dispuxeron de dúas boas ocasións nos primeiros minutos, pero non puideron adiantarse. Na segunda metade o Noia píuñase por diante no 52 e aumentaba a súa vantaxe no 70. Zaira no 78 de gol olímpico recortaba as diferenzas e o Rosalía tentouno ata o final, volcándose sobre a meta rival, pero non foron quen de anotar outro tanto. Punto e final a unha boa tempada e a pensar xa na seguinte en busca dese ansiado ascenso.
E tamén ... polideportivo
Baloncesto
Clavijo 68-70 Club Ourense Baloncesto
Triunfo do Club Ourense Baloncesto no encontro de ida dos cuartos de final dos playoff de ascenso a Leb Ouro, nun encontro no que foron de menos a máis, e no que pese a non amosar a súa mellor versión, foron quen de sumar un valioso triunfo que lles permite defender no Paco Paz unha renta de 2 puntos. O primeiro e segundo cuarto foron para un Clavijo que foi mellor e marcaba o ritmo do partido, pero non lograba despegar a un COB que seguía a 5 puntos de distancia ao descanso. Tras un terceiro cuarto moi desputado, os ourensáns impuxeron a súa lei no derradeiro para sumar un triunfo moi importante. Nogués con 16 puntos foi dos máis destacados dos ourensáns no apartado anotador.
Fútbol Sala
Melilla 2-1 Ourense Envialia
Derrota do Ourense Envialia en Melilla nun choque directo polo playoff e que deixa as de Morenín sen practicamente opcións de meterse na loita polo titulo. As locais adiantábanse aos 9 minutos de xogo, aínda que Jeny Lores conseguía igualar minutos despois. Nunha xogada de estratexia o Melilla volveu a porse por diante e o marcador xa non se moveu.
Fervenza 0-8 Cidade de As Burgas
Goleada contundente dun Cidade das Burgas que goleou o Fervenza e que avanza na procura do ascenso a Primeira Feminina. As de Manolo Codeso xogaron un partido moi completo no que os goles foron obra de Clara, por partida dobre, Amelia, Canolich, Ana, Fara, Aroa e Sol.
A Estrada 4-5 Sala Ourense
Triunfo do Sala Ourense que selle a permanencia dos ourensáns na segunda b, nun encontro moi competido ante A Estrada e no que os de Kike García sumaron a sexta vitoria consecutiva. Non puido comezar mellor o Sala Ourense con dous goles en 1 minuto obra de Allariz e Igor. Os locais conseguían igualar, pero un tanto de Raúl permitía aos ourensáns marchar con vantaxe ao descanso. Na segunda metade un tanto de Guerra puña o 2-4. A Estrada recurtaba diferencias novamente e Raúl anotaba o 3-5, para un minuto despois recibir o 4-5 e aguantar o resultado nos pouco máis de dous minutos que faltaban.
Balonmán
Gáldar 39-25 Carnes do Ribeiro
Dura derrota do Carnes do Ribeiro na súa visita ao Gáldar nun partido para esquecer, especialmente na faceta defensiva, onde os do Ribeiro concederon demasiado ao seu rival e acabaron por pagalo. Os de Félix Mojón caeron ante un rival directo e a falta de tres partidos por xogar caen a postos de descenso.