Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 14.02.2022 18:19

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Círculo Gijón 79-86 Club Ourense Baloncesto

Triunfo dun Club Ourense Baloncesto que xogou un dos seus mellores encontros na primeira metade do encontro na que marchou ao descanso cunha vantaxe de 25 puntos (25-50) gracias especialmente o acerto dende o tiro exterior e tamén o bo facer no apartado reboteador e na aportación do xogo interior. Unha vez máis os cobistas desinfláronse tralo descanso que chegaron a ganar de 28 puntos, pero ao que un parcial de 26-6 permitía ao Gijón meterse no encontro. Carter cun rebote e unha canasta decisiva encarrilaría o triunfo que remataría de asegurar Djukanovic con catro tiros libres anotados.

Solgaleo Bosco 78-90 Basket León

Décimo terceira derrota da tempada para Solgaleo Bosco, que caeu na casa ante un dos equipos da parte alta, o León. Os ourensáns fixeron dous grandes cuartos iniciais, onde colleron unha vantaxe de 16 puntos, que parecía moi difícil de remontar, pero tralo paso por vestiarios, o León mellorou en defensa e permitiu tan só 28 puntos dos ourensáns nos últimso dous cuartos, anotando os leoneses 56 puntos. Destacar Kouadio con 23 puntos e a Preotu con 17 como os mellores dos ourensáns.

Arxil Mafari Café 48-77 Codigalco Carmelitas

Décimo terceira vitoria da tempada para un Carmelitas que segue en xeira ascendente e que aspira a loitar polo ascenso a Liga Femenina 2 ao final de tempada. As de Suso Garrido superaron con contundencia o Arxil. As locais levaban o primeiro cuarto, pero no segundo o Carmelitas púñase por diante. No terceiro cuarto as ourensás foron moi superiores, anotaron 19 puntos e só permitiron 5 puntos en contra. No derradeiro cuarto o Carmelitas anotou 20 puntos e deixou as locais e tan só 8. Destacar a actuación de Regina Gómez con 19 puntos e de Kristina Sofia e Malena Velasco con 14.

Fútbol Sala

Alcorcón 1-1 Ourense Envialia

Empate do Ourense Envialia na súa visita a un rival directo polo playoff como o Alcorcón. Nunha primeira metade de escasas ocasións para ambos conxuntos, a ocasión máis clara estivo nas mans das locais que estrelaron un balón no pau. Laura Oliva adiantaba as locais na segunda metade e a falta de 5 minutos, Morenín optou polo ataque de 5 que lle acabou dando o empate gracias a un tanto de Laura Uña.

Rodiles 0-4 Cidade das Burgas

Novo triunfo dun Cidade das Burgas que segue intratable e que superou con contundencia ao Rodiles a domicilio. As ourensás seguen demostrando que queren regresar a Primeira Feminina e novamente volveron a manter a súa meta a 0. 2 tantos de Clara, un de Amelia e outro de Sol permitiron as de Manolo Codeso volver a Ourense cos 3 puntos.

Xornada de descanso para Ourense Envialia B

[[H4:Guardo 6–5 Sala Ourense]]

Derrota do Sala Ourense nun encontro competido ante o Guardo, pero no que os de Óscar Vivián non foron capaces de sumar nada positivo. Adiantábanse os locais, pero Fer empataba rapidamente, aínda que un minuto despois o Guardo volvía a pórse por diante. Ao descanso chegábase con 3-2 gracias a un tanto de Allariz para os ourensáns. En 6 minutos da segunda metade o Guardo marcaba 3 goles e puña o 6-2 no marcador. O Sala Ourense tentouno ata o final, con dous goles de Álex e outro de Allariz, pero non foron quen de empatar.

Balonmán

[[H4:Automatía Luceros 35–29 Carnes do Ribeiro]]

Derrota do Carnes do Ribeiro ante un Luceros que foi moi superior, iso si cun inicio moi bo dos de Félix Mojón que comezaban mandando no luminosoata que os 25 minutos os locais conseguían igualar e chegaban o descanso un tanto por diante 15-14. Na segunda metade o Luceros distanciábanse pouco a pouco e a falta de 10 minutos o encontro xa estaba sentenciado. Destacar a actuación de Jacobo Rodríguez con 13 puntos.

Voleibol

[[H4:Ciudad Coruña Calasancias 3–0 CV Ourense Aceites Abril]]

Partido para esquecer do CV Ourense en terras coruñesas, onde caeron por 3 sets a 0 e caen ata a quinta praza na táboa, iso si cun partido menos. As de Pablo Pérez costoulles entrar no partido e perdían o primeiro set por un contundente 25-14. No segundo set as ourensás melloraban un pouco o seu xogo, pero volvían a caer por 25-19. O terceiro cuarto estivo máis disputado, pero as coruñesas impúñanse por 25-22.

E tamén ... fútbol