A xornada no fútbol ourensán na fin de semana
En Onda Deportiva Ourense repasamos o máis destacado da fin de semana futbolística
Onda Deportiva Ourense - Fútbol
2 RFEF
UP Langreo 1-1 CD Arenteiro
Valioso empate do Arenteiro en terras asturianas, nun encontro marcado pola disputa e polas ocasións claras de ambos conxuntos, especialmente na primeira metade, onde os locais puideron incluso sentenciar o choque, pero o Arenteiro soubo deter moi ben as acometidas rivais. O Langreo adiantaríase na primeira metade, gracias a un tanto dende a frontal de Juan López, que aproveitou un erro a hora de sacar o balón de Adrián Cruz. Con 1-0 chegábase ao descanso e xa na segunda metade chegaría o tanto dos do Carballiño por mediación de Sylla, Víctor Eimil centraba dende a banda, o debutante Uxío prolongaba o coiro de cabeza e Sylla definía. De ahí ao final houbo varias ocasións para ambos, especialmente no desconto, pero o marcador xa non se moveu máis.
A vindeira semana o Arenteiro recibe o sábado en Espiñedo ó Unión Ceares.
3 RFEF
Ourense CF 1-0 CD Choco
Triunfo agónico do Ourense CF diante dun combativo Choco que chegou a terras ourensás coa intención de puntuar para seguir escapando da parte baixa e a piques estivo de logralo. Un mes levaban sen competir os de Rubén Domínguez por mor do parón de Nadal e por casos de coronavirus que suspenderon varias xornadas, pero aínda así sairon a pelexar en busca de tres valiosos puntos. Un cabezazo de Josu no desconto deulle tres importantes puntos a un clube que segue instalado na parte alta da táboa.
A vindeira semana o Ourense CF ten xornada de descanso.
CD Barco 0-0 Racing Vilalbés
Empate do Barco en Calabagueiros no regreso a competición dos de Valdeorras tras varias semanas de parón, algo que afectou o conxunto dirixido por Javi Rey, que non puido sumar máis que un punto ante un rival directo como o Vilalbés. Nun partido moi desputado e con moita loita táctica na medular, ningún dos dous conxuntos foi quen de imporse. Os visitantes xogaron os últimos minutos cun home menos, pero o Barco non puido aproveitar a superioridade numérica para levar o triunfo.
A vindeira semana os valdeorreses viaxan para visitar ó Noia
Atlético Arnoia
Os de Iván González non xogaron nesta fin de semana e a semana vindeira viaxan a Grela para enfrentarse ó SD Silva onde poderían ser da partida as dúas últimas fichaxes: Rubén Arce e Adrián Presas
Preferente Galicia
UD Ourense 1-0 ACD Polígono
Novo triunfo do Ourense que desta vez, se ben é certo que non amosou a súa mellor imaxe, superou ao Polígono por 1-0, gracias a un tanto de Litos ao comezo da segunda metade. Os ourensáns foron superiores en dominio e ata en ocasións, pero atopáronse cun rival moi ben plantado e que vendeu moi cara a derrota. O Polígono segue medrando, pensando xa na segunda fase na que de seguir con esta boa imaxe aínda podería dicir algo máis.
UD Atios 0-1 UD Barbadás
Novo triunfo dun Barbadás que segue medrando e aspira a loitar pola segunda praza (ou mesmos a primeira) ao final desta primeira fase. Desta vez volveu a sufrir e a vencer nos minutos finais, gracias a un tanto de Outeiriño no 93. O cancerbeiro, Borja Atanes volveu a ser decisivo, detendo un penalti no minuto 4. O Barbadás suma tres novos puntos que o manteñen nos postos de cabeza, concretamente na segunda posición.
A vindeira semana, o Barbadás recibe nos Carrís o Ourense. Unha victoria azulona faría que os de Agustín Ruíz puideran optar ó liderato.
CD Velle 1-0 Mondariz CF
Triunfo balsámico dun Velle que levaba moitas xornadas sen sumar os tres puntos e que superou a un rival directo na táboa como o Mondariz. Un tanto de Brais Álvarez antes do descanso permitiu aos pupilos de Peluso sumar tres valiosos puntos, que recuperan moralmente a un equipo que se xogará a vida na segunda volta por evitar o descenso.
A vindeira semana o Velle visita a un dos cocos da categoría, o Cultural Areas.
CD Pontellas 1-0 Verín CF
Nova derrota dun Verín que segue desperdiciando ocasións para achegarse a segunda praza e que cada vez ten máis compricado achegarse a esas prazas tras a súa derrota en Pontellas. Os de Juanjo Vilachá pelexaron por intentar sumar 3 puntos, pero atopáronse cun rival moi ben plantado e que acabou levando o triunfo nunha das últimas xogadas do encontro e privando os verinenses de sumar un punto.
Caselas 0-3 SD Nogueira
Triunfo incontestable dun Nogueira que quere pasar a segunda fase no mellor posto posible e que se desfixo sen problemas do Caselas. Os de Bruno Gómez marchaban ao descanso por diante, gracias a un tanto de Roberto Gómez. Xa na segunda metade Juan Pedro faría o segundo no minuto 61 e Roberto Gómez novamente acadaría o terceiro no 80 para confirmar tres puntos para o conxunto de Luintra.
SD NOGUEIRA DE RAMUIN. Cáselas CF 0-3 SD Nogueira de Ramuin. Hoy es un día para sentirse orgulloso de ser Presidente y tener un grupo tan comprometido. Seguimos …
— SD Nogueira (@NogueiraSDR) January 30, 2022
A vindeira semana o Nogueira recibe na Tella ó Porriño Industrial.
E tamén ... Polideportivo