Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 23.11.2021 11:31

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Hereda Club Ourense Baloncesto

COB 76-52 Zamora

Sétima vitoria da tempada para un Clube Ourense Baloncesto que continúa rachando rexistros e só coñece a vitoria nestas sete xornadas disputadas. Desta vez o rival, Zamora aguantou durante o primeiro cuarto, o nivel dun COB, que se ben lle custou entrar no partido á hora de atacar, estivo moi ben no balance defensivo, permitindo tan só 25 puntos nos dous primeiros cuartos. Os de Armando Gómez meteron a directa tralo paso por vestiarios e despegáronse no marcador, facendo imposible calqueira atisbo de reacción visitante. Unha vez máis destacar o bo labor de Gantt con 15 puntos, 4 rebotes, 1 tapón e unha asistencia, e salientar tamén a labor do capitán Wan Wijk con 15 puntos ou de Nogués con 12. O COB chega ao parón das ventanas FIBA como líder indiscutible da leb prata grupo oeste abriondo marxe xa cos seus perseguidores.

O vindeiro partido será o 4 Decembro na cancha de Tizona Burgos.

Solgaleo Bosco Salesianos

Universidad de Valladolid 45-64 Solgaleo Bosco Salesianos EBA

Terceiro triunfo da tempada para un Solgaleo Bosco que pouco a pouco vai saindo dos postos de abaixo, en busca da zona media da táboa. Desta vez superaron o Universidade de Valladolid a domicilio, unha saída compricada, que o filial cobista soupo loitar para levar o triunfo. Os ourensáns foron por diante todo o encontro, pero foi no segundo cuarto cando gracias as labores defensivas, romperon o encontro. Kouadio con 20 puntos, outra vez clave no triunfo do Solgaleo.

Solgaleo Bosco vs USal La Antigua (líder 9-1) día 28 as 12

Codigalco Carmelitas

ABDA Avilés 50–53 Codigalco Carmelitas

Sexto triunfo da tempada dun Codigalco Carmelitas que sufriu ata o final para levar a vitoria da cancha dun combativo Avilés e que permite as ourensás superar na táboa ás súas rivais cun balance de 6 triunfos e 3 derrotas polos 6 triunfos e 4 derrotas das asturianas. As de Suso Garrido estiveron moi finas e acertadas tanto en defensa como en ataque e levaron o triunfo.

Vindeira xornada vs Ulla Oil Rosalía

Fútbol Sala

Ourense Envialia

Ourense Envialia 4 – 4 Leganés

O Envialia que sumaba 3 triunfos consecutivos veu cortada a súa xeira ante un Leganés que rascou un punto dos Remedios, a pesar de ir todo o partido a remolque. Pipi en propia, Vane Barbera e Iria Saeta por partida dobre foron as autoras dos tantos das ourensás.

Quintas con 11 puntos. A vindeira xornada xogan co coco do Atlético Navalcarnero.

Sala Ourense

Arroyo 3 – 3 Sala Ourense

Empate de nivel do Sala Ourense que volveu cun punto da cancha do Arroyo vallisoletano, nun encontro no que os de Óscar Vivián foron a remolque e tiveron que igualar a contenda ata en 3 ocasións, gracias aos tantos de Raúl, Bermejo e Allariz.

Sala Ourense ocupa a quinta posición con 15 puntos.

Rugby

Campus Ourense

Hernani 33–12 Campus Ourense

Terceira derrota da tempada do Campus Ourense, no quinto encontro desputado. Desta vez os ourensáns véronse sorprendidos por un rival que todavía non sabía o que era gañar e que sairon con moitas ganas dende o comezo, non dando practicamente opción aos ourensáns.

O Campus Ourense ocupa a sexta posición con 10 puntos. Vindeira xornada contra Valtecsa.

Voleiball

Aceites Abril Voleiball Ourense

Aceites Abril CV Ourense 3–1 Astillero

Novo triunfo do CV Ourense Aceites Abril que desta vez remontou un encontro na que as visitantes se levaron o primeiro set por 14-25. A reacción non se fixo agardar e as de Pablo Pérez igualaron a contenda, vencendo no segundo set por 25-20. O terceiro e cuarto set tamén caerían de lado do Aceites Abril que gañaba ambos por 26-24 e 25-22 respectivamente.

Segundas con 17 puntos. Vindeira xornada vs Curtidora fora da casa.

Motor

Javier Pardo, campión de Europa

E en motor o piloto alaricano Javier Pardo ven de confirmarse como campíon de europa de rallys na categoría ERC2 co equipo Suzuki. Un título histórico para o automovilismo ourensán, na primeira participación de Pardo a nivel europeo, onde venceu as seis carreiras desputadas, a última delas en Canarias. Pardo impúxose tamén en Polonia, Roma, Azores, Fafe e Hungría.

[[LINK:EXTERNO|||https://www.instagram.com/p/CWgYhLEtf1O/?utm_source=ig_embed&utm_campaign=loading|||

Ver esta publicación en Instagram

]]

Una publicación compartida de Javier Pardo Siota (@javierpardosiota)