Motor

Nace a 'Escola de formación Estanislao Reverter'

Esta escola agrupará todas as accións formativas da FGA de cara a mellorar e profesionalizar este deporte na autonomía.

Óscar Gómez

Ourense |

Nace a 'Escola de formación Estanislao Reverter' | onda cero

O presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, e o presidente da Fundación Estanislao Reverter, Luis Reverter, asinaron un convenio de colaboración polo cal nace a "Escola de formación Estanislao Reverter".

Este acto, que tivo lugar no museo Reverter en Santa Cruz de Arrabaldo, puxo de manifesto a boa sintonía entre ambas as dúas partes e reflicte o profundo sentimento de respeto á figura de Estanislao Reverter por parte da FGA, que o considerado o pai do automobilismo en Galicia. Esta escola agrupará todas as accións formativas da FGA de cara a mellorar e profesionalizar este deporte na autonomía, o cal conta con máis de 2800 federados.

Durante este primeiro ano de mandato da nova directiva da FGA xa foron varias as accións formativas e creouse o ciclo de charlas 'FGA nas Aulas' polo que xa pasaron máis de 700 alumnos de toda Galicia entre as actividades en centros de ensino de Primaria e Formación Profesional.