Ximnasia Ritmica

Gran fin de semana dos clubs Pavillón en ximnasia ritmicia

Esta fin de semana foi moi denso deportivamente para os Clubs Pavillón na modalidade de rítmica. Celébrabanse entre sábado e domingo cinco competicións importantes para estes clubs.

Óscar Gómez

Ourense |

Gran fin de semana dos clubs Pavillón en ximnasia ritmicia | onda cero

O sábado tiña lugar o Campionato Galego de clubs, autonómico individual masculino e control clasificatorio para a II Fase de Copa de España de conxuntos absolutos.

Os resultados máis salientables na modalidade individual foron para os tres ximnastas masculinos. Patrick Célis López obtivo o ouro na categoría infantil. Na categoría junior Jose Vázquez Gómez obtivo o ouro nos tres aparellos (aro, cinta e mazas), sendo así campión galego na clasificación xeral. Eduardo Montero Rodríguez, na mesma categoría obtivo a prata nos tres aparellos e foi subcampión galego na clasificación xeral. Este tres ximnastas competirán no nacional que terá lugar entre o 20 e 25 de maio en sede aínda sen concretar, con excelentes expectativas.

Podium de equipo senior de pelota | onda cero

O Club Ximnasia Pavillón Ourense presentaba tamen cinco equipos para o galego individual de clubs constituídos por un total de 16 ximnastas (seis de categoría infantil, 4 de categoría junior e 6 de categoría senior). O resultado máis salientable foi o de Candela Chaparro Gómez, na categoría senior, que se alzou coa prata co seu exercicio de pelota. Os equipos infantís foron 5º e 6º na clasificación, o equipo junior foi 5º clasificado e os equipos senior 4º e 5º clasificado.

No control clasificatorio para a Copa de España de conxuntos absolutos todos os conxuntos galegos mostraron un excelente nivel. O conxunto infantil foi 2º, o conxunto junior foi 1º e o conxunto senior non puido participar por mor da baixa médica de unha das participantes. Os tres conxuntos estarán na II Fase da Copa entre o 2 e 7 de xullo sen sede aínda determinada.

Conxuntos escolares | onda cero

Fase final do Campionato Galego de conxuntos nivel escolar

Os clubs Pavillón clasificaron á totalidade dos conxuntos presentados nas dúas fases provinciais, asistindo a Lugo con un total de 13 conxuntos.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría Iniciación

8º clasificado (Club X. Pavillón Ourense)

Categoría Prebenxamín

· Club Ximnasia Pavillón M: 9º

· Club Ximnasia Pavillón P: 18º

Categoría Benxamín

6º clasificado (Escola Pavillón)

Categoría Alevín

· Escola Pavillón M: 21º

· Escola Pavillón P: 23º

Categoría Infantil

· Club Ximnasia Pavillón P: 11º

· Club Ximnasia Pavillón M: 14º

· Escola Pavillón: 15º

· Escola Pavillón Ribadavia: 20º

Categoría Cadete

19º (Club Ximnasia Pavillón)

Categoria Xuvenil

· Club Ximnasia Pavillón P: 7º

· Club Ximnasia Pavillón M: 10º

Estes conxuntos rematarán a tempada competitiva o vindeiro sábado día 1 de xuño no que competirán na Fase Final da Copa Deputación de Ourense, xunto cos restantes clubs e escolas provinciais, tratando de continuar cos excelentes resultados das fases anteriores.