A fin de semana no deporte ourensán
As competicións deportivas cada vez están máis perto de chegar ó seu fin. Analizámolo todo en Onda Deportiva Ourense
Onda Deportiva Ourense
Segunda Federación
CD Arenteiro 2-1 Coruxo CF
Importante triunfo do Arenteiro no derbi galego ante o Coruxo que lles da aos de Fran Justo a salvación virtual, gracias a un gran encontro no que se repuxeron do tanto inicial do Coruxo, e con dous tantos obra de Pibe, de falta directa e de Victor Eimil a saída dun saque de curruncho. Tres puntos de ouro que deixan ao Arenteiro con 6 puntos de marxe sobre o descenso, cando quedan 9 puntos por xogarse e a tan só 2 do playoff.
Terceira Federación
Ourense CF 1-0 Racing Vilalbés
Triunfo do Ourense CF que desputará os playoff de ascenso a Segunda RFEF, despois de que o Polvorín tamén solventase o seu encontro con vitoria. Os ourensáns cun tanto de Jerín na segunda metade impuxéronse a un combativo Vilalbés, que tamén loitaba por meterse no playoff. O adestrador do conxunto capitalino, Rubén Domínguez amosouse moi enfadado tralo encontro, logo de que a lesión do colexiado no encontro entre Polvorín e Viveiro obrigase a suspender durante unha hora dito encontro.
CD Barco 3-0 Atlético Arnoia
Triunfo incontestable do Centro de Deportes Barco ante un Arnoia xa descendido e que puxo punto e final a súa andadura na terceira. Os de Valdeorras xogábanse a súa presencia nos playoff e encarrilaron o encontro practicamente dende o comezo. Os tantos de Manu Morais por partida dobre e de Javi Pazos déronlle o triunfo os de Javi Rey, que estarán nos playoff de ascenso.
Fase de Ascenso a 2 RFEF
Ourense CF - Deportivo Fabril e UD Somozas - CD Barco
O domingo comenzan as eliminatorias que poden rematar con un equipo ourensán ascendendo a Segunda Federación (Ourense CF ou CD Barco). Para acadar o ascenso terán que superar 2 eliminatorias na fase rexional e unha máis contra o gañador territorial de outro grupo de 3 RFEF.
As semifinais xogaranse no Estadio Vero Boquete de San Lázaro do seguinte xeito:
- Ourense CF - Deportivo Fabril: domingo 1 de maio 12:00 horas
- UD Somozas - CD Barco: domingo 1 de maio ás 18:45 horas
Os dous gañadores (en caso de empate despois dos 90 minutos e a hipotética prórroga clasifícarianse Ourense CF e UD Somozas) enfretaranse na final galega o vindeiro fin de semana en sede aínda por designar.
Preferenta Galicia - Fase de Ascenso
UD Ourense 3-0 Gran Peña
Nova vitoria do Ourense que superou con contundencia a outro dos favoritos ao ascenso como o Gran Peña. O cadro de Jorge de Dios xogou un partido moi serio e apenas concedeu ocasións de perigo o seu rival. Con un Couto entregado, os vermellos foron moi superiores e os tantos de Gabi Sanín, Varo e de Isi na segunda metade deixaron os 3 puntos na casa e deixan os ourensáns nunha situación envexable con 6 e 7 puntos de marxe cos seus perseguidores.
Barbadás 0-1 Umia
Tiña o Barbadás unha boa oportunidade para engancharse novamente aos postos de cabeza, pero sucumbiron ante un Umia que deu a sorpresa e que corta as aspiracións dos azulóns. Un golazo de Diego na primeira metade puxo por diante os visitantes, e a pesar de que os de Agustín o tentaron ata o final non foron quen de darlle a volta ao marcador. O Barbadás recibiu varias expulsións ao final do encontro que lastrarán as súas opcións en vindeiros encontros.
Verín 1-1 Pontevedra B
Empate do Verín no seu choque ante o Pontevedra “B”, no que rascou un punto ante un dos rivais da parte alta, gracias a un tanto de Miguel Vilachá. O encontro estivo moi igualado e o empate fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo ao longo dos 90 minutos. Os verinenses cada vez máis lonxe dos postos de cabeza e de acceso a Copa do Rei.
Preferente Galicia - Fase de Permanencia
Porriño Industrial 1-0 SD Nogueira
Nova derrota do Nogueira na súa visita ao Porrriño, nun partido no que competiu e dispuxo de ocasións para rascar algo positivo, pero no que non conseguiu sumar e mantense por tanto en postos de descenso. Os de Bruno Gómez precisan unha vitoria a vindeira xornada para seguir vivos na loita pola permanencia.
Velle 1-1 Céltiga
Empate do Velle, que puido sumar algo máis ante o Céltiga e que rascou un punto gracias a unha xogada de estratexia executada por Martín Caneiro e que Adrián Blanco rematou a gol. Os de Peluso siguen en postos de descenso e precisan canto antes sumar 3 puntos para acurtar distancias e meter algún rival máis nesa pelexa.
O Polígono tocoulle xornada de descanso esta fin de semana.
Fútbol Feminino
Peñasco 0-4 EFF Rosalía
Triunfo de prestixio da EFF Rosalía que avanza a seguinte ronda dos playoff de ascenso, logo de superar ao Peñasco, nun partido moi completo e serio das pupilas de Pere Tobaruela. As pontinas foron moi superiores a un rival que coñecían ben e que gañou os dous encontros da fase regular contra as ourensás. Dous tantos de Sabela, un de Fara e outro de Lidia serviron ao Rosalía para pasar a seguinte ronda, onde lles agarda o Noia.
Baloncesto
Club Ourense Baloncesto 93-59 Mollet
Contundente triunfo do Clube Ourense Baloncesto ante o Mollet no partido de volta da eliminatoria de oitavos de final do playoff. Os ourensáns fixeron un gran encontro ante os seus siareiros e impuxéronse a un Mollet que non foi rival en ningún dos dous encontros. Dende o comezo o COB foi moi superior e en cada cuarto aumentou a vantaxe ata chegar aos 34 puntos finais de diferencia no marcador. Destacar a Carter con 18 puntos e Aboubacar e Dukanovic con 13 e 12 respectivamente. O rival en cuartos de final será o Clavijo. A ida xogarase o domingo as 19:00 en terras rioxanas e a volta 7 días despois en Ourense.
Oviedo 85-89 Sogaleo Bosco Salesianos
O Solgaleo Bosco Salesianos rematou a temporada coa súa victoria en Oviedo. O Bosco remata a liga na décima posición o que o sitúa en posición de permanencia, sin embargo os arrastres levarían o equipo ourensán a perder a categoría a expensas de que un equipo do seu grupo poda ascender o que faría que o Bosco mantivera a categoría.
Codigalco Carmelitas 63-62 Ponce Valladolid
Non puido remontar o Carmelitas os 6 puntos en contra da ida do playoff ante o Ponce e a pesar de gañar, remata a súa andadura en competición esta tempada. As de Suso Garrido comezaron moi ben, pero costoulles separarse dun Ponce que estivo moi combativo e a pesar de chegar 9 puntos por baixo o descanso, recompúxose e logrou recortar distancias na segunda metade. As colexiais chegaron a ter unha vantaxe de 15 puntos, pero as vallisoletanas remontaron e quedaron a un só punto, deixando o Carmelitas fora da seguinte rolda de playoff.
Fútbol Sala
Ourense Envialia 1-3 Futsi Navalcarnero
Derrota do Ourense Envialia ante un dos cocos da categoría como o Futsi Navalcarnero. As ourensás competiron e estiveron ata o minuto 30 metidas no encontro, a pesar de que no 15 as madrileñas adiantábanse no marcador. O Navalcarnero fixo o 0-2 no 30 e o 0-3 no 35 deixando o partido sentenciado. Sara Moreno anotou o tanto da honra para o Envialia nos instantes finais.
Cidade de As Burgas 11-2 Ourense Envialia B
O derbi ourensán da segunda feminina só tivo o color branquiverde, dun Cidade das Burgas que goleou o Envialia “B” con contundencia e que segue na segunda praza no seu camiño por regresar a Primeira Feminina. Os tantos das de Manolo Codeso foron obra de Nespereira, Fara, 2 de Clara, 2 de Sonia, 2 de Nerea e 3 de Sol. Por parte do Envialia “B” anotaron Carla e Vega.
Sala Ourense 5-2 O Parrulo B
Triunfo de prestixio do Sala Ourense que lles da a salvación virtual e que deixa claro que os ourensáns foron quen de superar unha mala xeira de resultados e trala volta de Kike García ao banquillo salvar a categoría. Os goles de Álex, Iago, Allariz e Raúl por partida dobre déronlle 3 valiosísimos puntos o Sala Ourense ante un rival directo.
Rugby
Campus Ourense 47-36 Zarautz
O Campus Ourense despediu a tempada cun triunfo ante o Zarautz que fai que os ourensáns remtaen terceiros a segunda fase da Liga e competirán unha tempada máis na División de Honra “B” do rugbi nacional.