O Club Ximnasia Pavillón consigue cinco medallas no Campìonato Galego
Foi último dos campionatos de ámbito autonómico desta tempada 23-24 na modalidade de ximnasia rítmica. E tamén un dos campionatos que conta con máis participación. Un total de 213 actuacións entre conxuntos e individuais.
O Club Ximnasia Pavillón competía con unha ximnasta individual nivel prebase (infantil), catro conxuntos de nivel promoción (benxamín, alevín, xuvenil e máster), e un conxunto prebase (cadete).
O primeiro en competir foi o conxunto xuvenil promoción (Loaira, Gabriela, Carla, María, Sidney, Lucía, Daniela e Sara) que non tivo o seu mellor día e, tras unha tempada moil disfrutada e con excelentes resultados, tivo erros graves que o levaron ao 9º posto entre os dezasete conxuntos da categoría. No mesmo nivel de competición os conxuntos benxamín, alevín e máster alzaronse co título de campións galegos:
· O conxunto benxamín (Noa, Belén, Valentina, Carla, Laia, Zoe, Xiana e Lara) competiron por primeira vez neste nivel e realizaron o mellor exercicio da tempada que lles valeu o ouro.
· O conxunto alevín (Martina, Alicia, Noa, Aira, Sabela Mera, Sabela e Sabela López), con un brillante exercicio acadaron tamén o ouro e con el o título de campión galego.
· O conxunto máster (Rebeca, María, Paula, Marta y Kelly), constituído por adestradoras do club que son un gran exemplo para todas as ximnastas, foi tamén campión ouro con un exercicio cargado de expresividade e veteranía.
Tras estes resultados os conxuntos benxamín e alevín ascenden, por normativa, á categoría prebase na que militarán a vindeira tempada.
No nivel prebase, Carlota García Peñuela, de categoría infantil, obtivo o bronce e o conxunto cadete mixto (Naia, Rubén, Karol, Danna, Leire, Sofía e Lara), con unha excelente nota, produto dun exercicio moi completo, obtivo a prata da categoría.
A competición de hoxe pecha a tempada de nivel autonómico con uns resultados excepcionais para os Clubs Pavillón en todos os niveis de competición (escolar, promoción e prebase). O nivel acadado polos equipos autonómicos consolida unha pirámide ben estructurada e con futuro asegurado.