Paco Sarria | Jesús Álvarez
Ourense | 14.08.2024 14:25
Comezamos repaso pola actualidade literaria desta semana con un clásico do humor de tódolos tempos como o é “Mortadelo e Filemón” con novas aventuras nos Xogos Olímpicos de París. Unha nova obra que deixou inacabada Ibañez con prólogo de Arturo Pérez-Reverte.
A segunda proposta leva por título “El cazador” e é obra de Runyx. Considerada raíña do romance escuro. Primeiro título da serie Dark Verse. Unha historia de baixos fondos protagonizada por Tristan Cane; o único membro dos Tenebrae que non pertenece á familia.
En terceiro lugar “Como si fuera un río”, de Shelley Read. Ambientada na beleza agreste do Oeste americán. É o drama dunha xoven que xa cautivou o corazón de máis dun millón de lectores, ademáis de estar traducida en máis de 30 idiomas.
E por último “La isla maldita” de Adrian McKinty. O relato sobre as vacacións tranquilas que buscaba unha familia ata que un terrible erro muda todo ese plan que pretendía ser placenteiro.