Paco Sarria | Óscar Gómez
Ourense | 18.09.2024 13:00
Comezamos este repaso polas recomandacións literarias hoxe con Domingo Villar e a novela “Ollos de Auga”. Entre o arume de mar e dos piñeiros galegos, e nunha torre residencial xunto á praia, un xoven saxofonista de ollos craros (Luis Reigosa) aparece asesinado coa crueldade propia dun crime pasional.
A segunda proposta é “Día” do premio Pulizer Michael Cunningham. Considerado un dos mellores libros do ano. A historia dun pai e dunha filla que logo dunha vida xuntos comezan a coñecerse realmente. El está a piques de morrer.
En terceiro lugar propoñemos “La chica oculta” de Lucinda Riley. Nada nun pequeno pobo da campiña de Yorkshire, Leah Thompson medra para se converter nunha moza de beleza deslumbrante.
E por último “Presentes” de Paco Cerdá. Centrada na España de 1939. Once días e 10 noites. Unha viaxe de 467 kilómetros ó corazón das nosas tinieblas.