Más de uno ourense

Redegal celebra o XX aniversario pendente da sua saída ó mercado bursátil

A Axencia de Márketing on line e Desenvolvemento Ecommerce, Redegal, será a segunda compañía ourensá en estar presente no mercado bursátil xunto a Adolfo Domínguez.

Óscar Gómez

Ourense |

A empresa celebra hoxe no Teatro Principal o seu XX aniversario nun acto no que contará coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Con tal motivo convidamos a Más de Uno Ourense ó director executivo e fundador da firma, Jorge Vázquez, con quen falamos dos novos pasos que darán, das orixes da empresa, e de como está o presente e futuro en relación con elementos como poden ser a Intelixencia Artificial. Asemade quixemos coñecer en que consiste o valor engadido que aporta ós clientes esta compañía.