Natalia González: 'Da a impresión de que o PP vai a apuntalar a Jácome ata final de mandato'
A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, dixo hoxe en Más de Uno Ourense que "hai un antes e un despois" na unidade de acción da oposición fronte ó goberno municipal de Pérez Jácome dende que os populares facilitaron a aprobación das modificacións de creto que PSOE e BNG votaron en contra.
González explicou que "da a impresión de que van a apuntalar a Jácome ata final de mandato" por que "o PP está destruído" e por que "teñen medo a perder a Deputación" onde están en minoría.
A edil socialista repasou outros aspectos da actualidade municipal como a situación do futuro PXOM que considera que "nace morto" ou a débeda municipal que ronda os 60 millóns de euros.
Asemade expresou dúbidas sobre que poda avanzarse no proxecto de transporte metropolitán non soamente pola inseguridade xurídica polos recursos ó proceso de adxudicación do servizo no Concello de Ourense, senón por que a Xunta de Galicia non habilitou partida algunha para elo nos orzamentos do ano próximo.