Ourense | 30.04.2024 13:34
O voceiro municipal do BNG no Concello de Ourense, Luis Seara, criticou en Más de Uno o que calificou como 'proceso de desmantelamento premeditado e deliberado' dos servicios sociais municipais, augurando un gasto cero nesta materia por que o Alcalde Pérez Jácome está ó seu entender máis interesado en gastar en 'outras cousas prescindibles'.
Seara tamén responsabilizou a Democracia Ourensana e o Partido Popular da actual situación pola que os bombeiros e policías locais non perciben unha parte das suas nóminas ó ser anulado o capítulo 1 dos últimos orzamentos aprobados por ambas forzas.
Preguntado sobre si os nacionalistas prestarían respaldo a uns novos orzamentos dixo que 'primeiro habería que presentalos, pero o BNG sempre estivo disposto a dialogar e a apoiar aquelas propostas que vaian en beneficio da cidade e dos seus empregados públicos'.