Manuel Pardo: 'Temos unha riqueza arqueolóxica incalculable'
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, valorou en Más de Uno Ourense de Onda Cero a riqueza arqueolóxica da provincia como atractivo de riqueza patrimonial e turística tra-la visita realizada ós traballos de consolidación e acondicionamento no antigo mosteiro de San Xoán de Camba, en Castro Caldelas.
Manuel Pardo tamén valorou a visita realizada pola autoridade educativa das Illes Balears ó Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros.
Ademáis repasou outras novas relacionadas coa xestión da administración autonómica como a solicitude do concello de Verin para a posta en marcha dunha Escola Infantil ou a declaración de música e o baile tradicional como Ben de Interese Cultural.