Más de uno ourense

Luis Seara:" O PP utiliza o Concello como moeda de cambio para manterse na Deputación"

Luis Seara, declarou en Más de Uno de Onda Cero, que non lle sorprendeu o cambio de postura dos populares que coa sua abstención facilitaron a aprobación de 8 modificacións de creto ó partido de Pérez Jácome.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Seara sinalou que non están sorprendidos por que "o PP e Jácome son distintas caras da mesma moeda e por que xa había precedentes", engadindo que que os populares "utilizan o Concello como moeda de cambio para manterse na Deputación Provincial.

O edil nacionalista explcou tamén que non había moción de censura na Deputación e que por parte do Bloque o que houbo foi unha conversa informal entre edís que tivo como arranque unha excusa polo que entende que "Jácome enredou e utilizou ós seus trolls en redes sociais para facer ver que a moción era posible". O voceiro da formación quixo lembrar unha vez máis que " no que dependa do Bloque. non Jácome nin PP, e chegado o caso non aceptaremos que Jácome sexa moeda de cambio".

O concelleiro do Bloque abordou tamén outros asuntos como a situación laboral de funcionarios e policías locais, a resolución do TSXG que confirma a sentencia por acoso laboral á xefa da Policía Local, María Barrera ou o futuro do proceso de adxudicación do servizo municipal de transportes.

Luis Seara, portavoz do BNG no Concello de Ourense | Onda Cero Ourense