Más de uno ourense

Javier Nóvoa: 'Estamos decepcionados co PP por que nos utilizaron'

Nóvoa explicou que este xoves avaliarán o ocorrido hoxe no pleno e estudiarán posibles novas mobilizacións e adiantou ter coñecemento de que dende o entorno do goberno local están chamando a policías locais de Allariz e Celanova, ós que pagarían 30 euros, para cubrir a celebración da Carreira Pedrestre Popular de San Martiño, toda vez que o corpo da policía local négase a facer horas extras en descacordo coa política laboral de Pérez Jácome.

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

O presidente da xunta de personal do Concello de Ourense, Javier Nóvoa, declarou hoxe en Más de Uno Ourense que se sinten "decepcionados" coa posición do grupo municipal do PP que facilitou coa sua abstención que o grupo de goberno de Democracia Ourensana aprobara 8 modificacións de creto por importe de 20 millóns de euros. Explicou Nóvoa que se sentiron "utilizados" por un partido que actuou deste xeito por que pesaba a posibilidade dunha moción de censura contra eles na Deputación Provincial. En todo caso o presidente do colectivo de empregados públicos engadíu que tampouco están satisfeitos con PSOE e BNG por que "parecen máis preocupados dun reparto de cadeiras", explicando que non necesariamente son partidarios dunha moción de censura, máis si de acordos que faciliten a solución dos problemas da plantilla municipal.

Javier Novoa | Onda Cero Ourense