Paco Sarria | Óscar Gómez
Ourense |
Inmaculada Moreiras tamén dixo sobre o chío irónico do BNG no que anuncian que a próxima candidatura municipal dos populares estará encabezada por Pérez Jácome que si este goberno "es por la inacción del BNG" xa que cando foron chamados a negociar polo PP "ni se dignaron".
A edil do Partido Popular repasou tamén outros asuntos como o PXOM do que tamén dixe que son partidarios dunha nova exposición pública que de maior seguridade xurídica ó documento, e reflexionou sobre o gasto en alumeado de Nadal sinalando que non é unha das "prioridades" do seu partido.
Ademáis avanzou as mocións que levarán ó pleno do venres como a elaboración e posta en marcha dun Plan Municipal de Saúde ou a demanda da reapertura da pisciña termal de As Burgas.