Jesús Álvarez | Paco Sarria
Ourense | 20.08.2024 11:07
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, situou no último trimestre do ano a reparación da ponte de Xunqueira de Espadanedo que dende hai meses motiva desvíos alternativos para o tráfico. Pardo explicou ó respecto que a obra é "complexa".
O delegado territorial tamén abordou en "Más de Uno Ourense" asuntos como a reunión con gandeiros de Viana con motivo da preocupación xerada pola EHE na cabana gandeira ourensá da que dixo que "está moi afectada", engadindo que a administración autonómica "ten habilitadas axudas para a morte de reses, agardando un decreto de axudas do goberno central".
A resolución de axudas para a criación de Casas do Maior foi outro dos asuntos abordados na entrevista xunto co impulso e mellora dos viveiros industriais e a mellora no treito urbán no concello de Beariz e na travesía de Liñares en Avión.