Eladio Santos: "Paréceme mal que o PP utilice a seguridade cidadá sen rigor"
Eladio Santos declarou en Onda Cero que lle parece mal que o Partido Popular utilice a seguridade cidadá "sen rigor" e sen valorar o labor dos corpos e forzas de segudiade do Estado, engadindo que están actuando como "megáfonos" das directrices que lles marca Madrid. Ademáis sobre as críticas que chegan por parte dos deputados-as do PP dixo tamén que obran "con descoñecemento e lixeireza".
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos anunciou a aprobación dunha unidade UPR para a Comisaría de Policía que estará dotada con 30 novos efectivos e explicou que semanalmente existe unha coordenación entre a Policía Nacional e a Policía Local.
O subedlegado do Goberno tamén dixo que 25 mil pensionaistas e moitos usuarios do transporte público en Ourense se verán afectados pola decisión da dereita (PP, VOX e Junts) de votar en contra do decreto Omnubus do goberno que onte foi rexeitado no Congreso dos Deputados.
Santos abordou asemade o estado de diversas infraestructuras e os cambios que entrarán en vigor en materia de estranxeiría.