Más de uno ourense

Ana Méndez:"A reestructuración do grupo municipal require responsabilidade e traballo en equipo"

Ana Méndez, dixo en Onda Cero que asume "con responsabilidade" o nomeamento e que a reestructuración no grupo, no que tamén exercerá como coordenadora, implica "seguir traballando en equipo".

Óscar Gómez | Paco Sarria

Ourense |

Ana Méndez abordou na entrevista asuntos relacionados co termalismo, declarando que "está claro que os potenciais de ourense neste senso non están a ser aproveitados" e que "non se está sacando partido a tódolos recursos".

Sobre o futuro da Pisciña Termal de As Burgas, cree que o Alcalde bota "balóns fora" responsabilizando da situación a xestións do PP e o BNG e que a privatización ten "avantaxes e iconvintes" polo que aposta pola solución que sexa mellor para a cidade. Sobre a aprobación do PXOM fixo un chamamento ós cidadáns para que aporten cando se produza unha segunda exposición pública.

A demanda dun Plan de Saúde Mental ou a ausencia de orzamentos por quinto ano consecutivos foron algúns dos asuntos tamén abordados na entrevista.