Más de uno ourense

Álvaro Villa: "Ó que ofreceron ós tránsfugas de Manzaneda xa se verá"

Frustrada de momento a moción de censura do PP contra o PSOE no Concello de Manzaneda, o secretario provincial dos socialistas ourensáns, Álvaro Vila declarou en Onda Cero que "o que ofreceron ós tránsfugas que apoian a moción xa se verá".

Paco Sarria | Óscar Gómez

Ourense |

Vila convidou ó PP a rectificar e a voltar ó consenso institucional e engadíu que non se pode cambiar dende os despachos a vontade popular. Vila dixo tamén que esta iniciativa cambiará as relacións co Partido Popular, anque non a nivel institucional na Deputación.

No decurso da entrevista tamén foron abordadas iniciativas socialistas dirixidas ó próximo pleno ordinario da corporación provincial.