Ourense |
Para o BNG os últimos cambios anunciados nas liñas de bus n acidade non son máis que a constatación de que o deseño inicial foi un fracaso.
O nacionalista Luis Seara di que escoitando á veciñanza a pe de rúa as queixas fixéronse evidente e lle pide ó Alcalde que escoite ós que verdadeiramente están a padecer as consecuencias dunha política de liñas que xa se ten revelado como disfuncional e ineficaz.
A percepción que o grupo municipal do PP ten da implantación das novas liñas é negativa.
Así o afirmou en Onda Cero o concelleiro popular Francisco Javier Rodríguez Novoa, para quen o anuncio da posible gratuidade do servizo ten como finalidade que os usuarios xa non presenten reclamación.