Abastos

Arranca o venres a campaña "Quere o teu mercado"

Xunta, Deputación e Federación de Comercio potencian os mercados de abastos

Paco Sarria

Ourense |

Arranca a campaña "Quere o teu mercado" | onda cero ourense

Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Federación Galega de Comercio promoven a campaña "Quere o teu mercado" para potenciar as prazas de abastos (no caso da cidade a número 1). De tal xeito entre o venres 24 e o sábado 25 de maio serán ofertadas máis de un milleiro de degustacións de tenreira galega grazas á colaboración da Indicación Xeográfica Protexida ó través dun posto instalado na entrada do mercado na Alameda. O propósito é o de incentivas o consumo nos mercados de proximidade. No mesmo posto tamén poderán intercambiarse os billetes da compra do día por agasallos da campaña.

Na presentación participaron o presidente dos praceiros, Emilio González e do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo.