Lumes forestais

Ardidas dende onte máis de 300 hectáreas na provincia de Ourense

Afectan ós concellos de A Gudiña e Chandrexa de Queixa

Paco Sarria

Ourense | 18.09.2024 11:19

WWF propone medidas urgentes de restauración ecológica para prevenir incendios forestales | WWF propone medidas urgentes de restauración ecológica para prevenir incendios forestales

300 hectáreas de monte van ardidas nas últimas horas en dous lumes rexistrados no concello de A Gudiña que é un dos máis castigados este verán polas lapas.

Activo está o de Barxa con 90 hectáreas ardidas e un amplo desplegue que inclúen reforzos procedentes de Portugal.

E estabilizado está o de Pentes, onde van ardidas máis de 200 hectáreas e a evolución é favorable.

Asemade está activo na parroquia de Requeixo, no concello de Chandrexa de Queixa outro incendio que ata o de agora afecta a unha superficie estimada de 20 hectáreas.

Mentres o de Trez, no concello de Laza, onde arderon 68 hectáreas está xa extinguido.