Ardida o 7% da superficie da provincia de Ourense
10 lumes activos na provincia con perto de 60 has ardidas
Ourense |
Rabia, desacougo, bágoas ou dor son algunhas das sensación vividas polos ourensáns afectados polos lumes na provincia que levan arrasado máis do 7% do territorio provincial con ó redor de 60 mil hectáreas queimadas.
3 dos lumes son dos máis graves habidos en Galicia onde non se veía unha situación semellantes dende hai 7 anos.
Onte no Cecop ourensán, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, pedíu ó Estado máis medios e o presidente do goberno, Pedro Sánchez, tamén aquí, comprometeu 200 efectivos máis da UME e pedíu un gran pacto polo clima cando esta situación remate.
Elo non impedíu que en moitos puntos como Quins se viran colas de cidadáns con cubos de auga para sofocar lumes ameazantes.
As lapas destruiron en Valdeorras o pobo de San Vicente, onde soamente se salvaron 12 vivendas.
En Vilamartín de Valdeorras ademáis, onte, foron desaloxados 120 veciños e 25 anciáns desaloxados da residencia de Chandrexa, están realoxados.
E non esquezamos que continuamos en situación 2.
E mentres dende a administración autonómica seguen incidindo en que detrás están pirómanos, o certo é que o principal detido foi a prisión provisional e sen fianza acusado de imprudencia grave, lesión graves e danos ós 3 bombeiros queimados en Oimbra.
Tamén a garda civil detivo a unha veciña de Ourense, de 81 anos, como presunta autora de conatos de incendio en Celanova e a un veciño de Petín de 61 anos como presunto autor dun delicto de incendio o pasado día 16, anque neste caso hai malestar no concello petinés onde non o consideran un pirómano.
Entretanto falla de auga en algúns puntos para dificultar os labores de extinción, E seguimos sen tren que nos comunique con Madrid por quinto día consecutivo, recomandándose estar atentos ós avisos por si se producen cortes de tráfico nas principais estradas.
En Trives, ademade, comezan o reparto de pasto para o gando despois de que ardera o existente.
Engadir a todo elo que o Sergas reorganizou os centros de saúde nos concellos afectados polo lume e que este contonúa en Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso, Maceda, Oimbra, Xinzo de Limia, A Mezquita, Vilardevós (en 3 parroquias), Larouco (ameazando a pasar a Lugo), Carballeda de Avia e San Cibrao das Viñas. Estando estabilizado o de Montederramo e controlado o de Verin.
O aviso de EsAlert foi activado en 36 concellos da provincia.
A provincia de Ourense segue en Situación 2 e xa ardeu máis do 7% da superficie provincial achegándonos ás 60 mil hectáreas.
É a vaga de lumes con maior incidencia da historia de Galicia e o de Chandrexa de Queixa é o de maior superficie queimada con 17.500 hectáreas ardidas entre Requeixo, Parafita e Mormentelos en Vilariño de Conso.
O macizo central está a ser moi castigado xa que podemos engadir o de Castro de Escuadro e Santiso en Maceda, onde van ardidas 3 mil hectáreas, pero está superado con creces polo de A Granxa e Gundín entre Oimbra e Xinzo de Limia, onde van 12 mil hectáreas consumidas.
Precisamente o presunto autor deste lume cando pretendía facer unha roza co seu tractor ingresou no cárcere por decisión xudicial acusado dun delicto de imprudencia e 3 de lesións relacionadas cos 3 bombeiros que resultaron queimados.
O de A Esqulqueira en A Mezquita non se queda atrás con 10 mil hectáreas ardidas e Vilardevós arde por Vilar de Cervos, Moialde, Fumaces e A Trepa que suman 1500 hectáreas.
Preocupante tamén o de Seadur en Larouco, que podería pasar a Lugo e onde van ardidas 12 mil hectáreas que afectan ós concellos de Vilamartín de Valdeorras, onde houbo desaloxos, Petin, Quiroga, A Rúa, Rubiá ou O Barco de Valdeorras.
Ën Vilamartín ardía o pobo de San Vicente onde soamente se salvaban 12 vivendas.
Precisamente ahí foron desaloxados 120 persoas.
Non se libra O Ribeiro co lume de Vilar de Condes en Carballeda de Avia que pasou a Beade por As Regadas afectando ó bosque de Ridimoas e calcinando 2500 hectáreas.
E perto da cidade temos activo o de Rante en San Cibrao das Viñas con 60 hectáreas afectadas.
Estabilizado está o de Paredes en Montederramo con120 hectáreas e controlado o de Mourazos en Verin con 9 hectátáreas
A situación de emerxencia levou ó presidente do Gobderno, Pedro Sánchez, a visitar o CECOP en Ourense onde respostou ás demandas do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aportando outros 200 efectivos da UME.
O presidente do Goberno aproveitou a ocasión para plantexar un gran pacto polo clima unha vez que se supere esta situación.
Lembremos que a Garda Civil detivo a un veciño de Petín como presunto autor dun lume o pasado día 16 e a unha veciña de Ourense de 81 anos como presunta autora de conatos en Celanova.