Ourense |
Pais e Nais do alumnado do colexio público Irmáns Villar, retomaron este luns as protestas ás portas do centro en demanda de 11 prazas para seus fillos no centro de referencia que lles corresponde que é o Irmáns Villar.
En Onda Cero o voceiro da Anpa, Carlos Regueiro explicou en Onda Cero que ainda non recibiron explicacións sobre os motivos da non escolarización no centro que lles debería tocar, como tampouco dos motivos técnicos que supostamente xustifican tal decisión.
Tamén contou que solicitaron unha entrevista co Conselleiro de Educación que ainda non foi respostada.
A comunidade educativa do centro afectado está convencida de que é posible escolarizar ós 11 alumnos que se verían afectados e que dende diferentes foros os animan a continuar coas protestas.
Unhas protestas que continuarán mesmo despois de que remate o curso escolar e as que se incorporarán os propios alumnos.