Turismo

Allariz consolídase como destiño turístico

6200 persoas pasaron pola oficiña de turismo

Paco Sarria

Ourense |

Allariz consolídase como destiño turístico | onda cero ourense

Allariz reafírmase este Nadal 2025 como un dos destinos máis atractivos de Galicia, principalmente como pola singularidade e autenticidade das súas decoracións e o acompañamento de actividades culturais, deportivas e de lecer, que cada ano atraen a milleiros de persoas. Durante o período festivo, 6.200 persoas pasaron pola Oficina de Turismo, esta é tan só un pequena parte do número de persoas que puideron pasar por Allariz nestas datas ,unha cifra que consolida o crecemento sostido do municipio como enclave de referencia no Nadal.

O fluxo de visitantes mantívose de forma constante ao longo de todas as festas, destacando especialmente a presenza de turismo familiar, un dos sinais de identidade do Nadal de Allariz. As actividades pensadas para todas as idades, os espazos decorados con creatividade e o ambiente acolledor fixeron da vila un punto de encontro perfecto para as familias que buscan unha experiencia próxima, segura e auténtica.