Municipal

O Alcalde de Ourense xulgado por presunto desvío de fondos públicos

Segundo a instrucción tería desviado fondos á sua televisión

Paco Sarria

Ourense |

O Alcalde de Ourense xulgado por presunto desvío de fondos públicos | la sexta

O Alcalde de Ourense declarou en condición de investigado no xulgado por un presunto desvío de fondos públicos á sua televisión. Está acusado de malversación e de prevaricación.

Á súa chegada ós xulgados non quixo facer declaracións e preguntado amablemente por unha xornalista respostoulle con un “vai a merda”.

Prestou declaración por espacio aproximado de media hora.

A denuncia foi presentada polo seu ex asesor José Manuel Palacios.

A este respecto Podemos; anque sen representación municipal; manifesta nun comunicado que Ourense precisa unha rexeneración democrática urxente, para o que o seu voceiro, Francisco Diéguez, propón a criación dunha comisión de investigación aberta ó público que revise contratos e subvencións dos últimos 7 anos e en segundo lugar unha moción de censura que force a demisión do rexidor para non ter que agardar a unha sentencia.