Ourense

O Alcalde de Ourense insiste coa oposición en suprimir a ORA

O Alcalde de Ourense informou tamén á oposición sobre o interese de novos accionistas no COB

Paco Sarria

Ourense |

O Alcalde insiste coa oposición en suprimir a ORA | Paco Sarria

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente Alcalde Aníbal Pereira reuníronse cos voceiros dos grupos municipais para abordar a supresión da ORA e a posible chegada de novos inversores a Clube Ourense Baloncesto.

O rexidor municipal explicou a PP, PSdeG-PSOE e BNG que o goberno local de Democracia Ourensana valora proceder á supresión da Ordenanza Reguladora de Aparcamentos e emprazounos a que manifesten si estarían dispostos a aproba-la medida ó través dun acordo plenario.

Explicoulles que nos servizos xurídicos municipais existen duas posicións discrepantes en relación co procedemento a seguir que sería por un lado a cancelación do sistema por acordo do goberno municipal e por outro un acordo plenario que anule a ordenanza vixente.

Informaron tamén a oposición de que teñen constancia do interese por parte de inversores privados por formar parte do accionariado do COB, do que o concello posúe o 16% do accionariado.

Por unha parte estaría a posibilidade de que o concello venda as suas acción ó igual que a Deputación e por outra a posibilidade dunha apliación de capital.