O ALCALDE DE AMOEIRO NO CAFÉ DE REDACCIÓN
Rafael Rodríguez Vilariño, Alcalde de Amoeiro, foi o convidado hoxe ó café de redacción, no que tivo ocasión de falarnos dun novidoso proxecto, cal é o do Polígono Virtual de Galicia. A Conferencia Política do PSOE, as prioridades deste concello, as suas singularidades, a reivindicación do cobro do IBI ós bens inmobiliarios da Igrexa ou a recente iniciativa de colocar placas explicativas en fontes e propiedades públicas con simboloxía franquista, ó aveiro da Lei da Memoria Histórica, figuran na axenda de asuntos a abordar.