Crime

Admite que matou e troceou ó seu amante en Cortegada

A acusada padede unha limitación moderada da sua vontade

Paco Sarria

Ourense |

Admite que matou e troceou ó seu amante en Cortegada | onda cero ourense

Cristina Rodríguez Veloso, de 29 anos, admitíu que matou e troceou ó seu amante en Cortegada por que despois dun tempo de relación este non quería abandona-la sua casa.

A acusada, xulgada dende onte na Audiencia Provincial de Ourense, coñecera ó home ó través de internet e recoñeceu tamén que planificou o crime.

Catro días despois de coñecer en persoa a José María Roldán Zapata, de 53 anos e veciño de Castell de Fells, comezou a pensar en como asasinalo.

Relatou que pelexaban por que pasaba moito tempo na consola de videoxogos e polo gasto na compra dunha cafeteira que non precisaban.

Finalmente administroulle pilulas e axfisiouno con unha almofada, queimou o corpo en varias fogueiras e despedazouno cunha pala ata obter centos de fragmentos, desperdigando logo os osos e enterrándoos nunha finca familiar en Rabiño.

A acusada sentíase identificada coa personaxe de Joker e segundo os psiquiatras forenses padece unha limitación moderada da sua vontade.

O xuicio quedará hoxe visto para unha sentencia que decidirá un xurado popular.