Actuacións conxuntas das administracións en materia de prevención de lumes
Reunión da Coordenadora Provincial en Incendios Forestais
Ourense |
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá a Reunión de Coordinación Provincial en Incendios Forestais de Ourense; reunión que se celebra todos os anos antes do comezo da campaña de alto risco, co obxectivo de deseñar actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais en ‘Situación 2 ’.
Nestes incendios forestais declarados de ‘Situación 2’ son moitos os organismos, pertencentes a diferentes administracións publicas, implicados na resolución desta emerxencia Protección Civil, Bombeiros, Garda Civil de Seguridade Cidadá, Garda Civil de Trafico, Policía Nacional, Unidade da Policía Adscrita, 061, persoal da Subdelegación do Goberno, do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIf) e do Servizo de Emerxencias. A coordinación nestes supostos é esencial para evitar a perda de vidas humanas e salvagardar, no posible, as vivendas e inmobles da cidadanía.
Manuel Pardo puxo en valor a disposición e o excelente clima de colaboración entre todas administracións e organismos participantes.