Termalismo

500 sesións termais en balnearios de Ourense a 1 euro

Nos balnearios de Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia

Paco Sarria

Ourense | 25.09.2024 08:57

500 sesións termais en balnearios de Ourense a 1 euros | onda cero ourense

A Deputación Provincial de Ourense puxo en marcha unha nova campaña de promoción da saúde termal coa iniciativa de 500 sesións a 1 euro.

De tal xeito, os cinco balnearios participantes (Laias, Cortegada, Lobios, Partovia e Arnoia), que contan nas suas instalacións con pisciñas termais para usos lúdico-terapeúticos poñen ó dispor dos usuarios que o soliciten esta promoción.

Para acceder ás sesións termais os/as interesados/as deberán visitar o expositor da Deputación da Feira Termatalia, no recinto feiral de Expourense, onde o xoves dende as catro da tarde, e por orde de chegada, poderán reservar datas e horarios dispoñibles.

As sesión distribuiranse entre o 28 de setembro e o 31 de outubro, de luns a domingo, en diferentes franxas horarias e cunha duración de hora e media a dúas horas.