Ourense xa ten o seu calendario de bombeiros con fins solidarios para axudar as familias con menos recursos nunha campaña que puxo en marcha cruz vermella e na que colaborou económicamente o concello de Ourense. En total serán 4000 calendarios os que dende mañá mércores se poñan á venda con fins solidarios. O voceiro dos bombeiros de Ourense, Eduardo Cabaleiro explicou na presentación do calendario, que este colectivo quere poñer tamén o seu grao de colaboración en tempos de crise para axudar ás persoas que máis o precisan. O responsable do traballo fotográfico e artístico, Pablo Senra asegurou que este calendario dos bombeiros de Ourense tenta dar outra imaxe á xa tradicional dos calendarios de bombeiros apostando máis por reflexar a súa labor cotiá ainda que sen perder de vista a vertiente cinematográfica. A responsable da campaña en Cruz Vermella, Carmen Rodriguez agarda pola solidaridade dos ourensáns e que a campaña sexa un éxito.
Este mércores un grupo de bombeiros acompañará ao persoal de Cruz Vermella no arranque da venta do calendario que será de seis a nove da tarde no Centro Comercial Pontevella de Ourense. O día 8 estarán en Vigo e o 9 regresarán á rua do paseo de Ourense. Xa o día 16 completarase a ronda de promoción do calendario cunha festa solidaria na discoteca "Suite" que comenzará a media noite. Os calendarios estarán á venda en cruz vermella, no parque de bombeiros e tamén na web bombeirossolidarios.es