Sucesos

3 detidos por roubos con forza en vivendas do Carballiño

Hay outros dous detidos na operación da garda civil

Paco Sarria

Ourense |

3 detidos por roubos con forza en vivendas do Carballiño | onda cero ourense

O equipo Roca da Garda Civil da Comandancia de Ourense, no marco da operación RECOU. Desartellou un grupo criminal detendo a 3 dos seus membros e investigando a outros dous -que cumpren condea en centros penitenciarios de O Pereiro de Aguiar e Monterroso- como presuntos autores de tres delictos de roubo con forza e outro continuado de furto.

Impútanlles un roubo con forza en dúas vivendas de Arcos (Carballiño) onde conseguiron un botín de 24 mil euros en efectivo e xoias (un dos integrantes do grupo tiña acceso á vivenda por relación de parentesco).

E o outro roubo con forza foi noutra vivenda da Uceira, tamén no Carballiño, polo método do escalo -con unha escaleira previamente roubada- onde conseguiron 620 euros ademáis de tarxetas bancarias.