Madrid |
O Consejo de Ministros autorizou ó Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible licitar un contrato de servicios para a conservación e explotación de estradas estatais na provincia de Ourense por valor aproximado de 19,44 millóns de euros (máis IVE). A duración do contrato será de tres anos prorrogables por outros dous e unha adicional máxima de nove meses.
O contrato inclúe requisitos para promove-la eficiencia enerxética e a reducción de emisións e está encadrado no programa do Ministerio para mante-las condicións de circulación, vialidade e seguridade na rede de estradas estatais.
As accións centraranse en 214,600 kilómetros na N-120, N-120A, N-525, N-536, N-540, N-541, N-542 e N-544.