Ana Pontón faille catro propostas ao presidente da Xunta: reorientar os orzamentos autonómicos para reforzar a sanidade pública e rescatar aos sectores máis afectados; reformular o modelo de residencias de maiores; consensuar unha postura conxunta para os fondos europeos e activar o confinamento durante dúas semanas.
Gonzalo Caballero tamén reclama a Feijoo un reforzo da Sanidade pública, unha mellora do modelo de residencias e un plan de rescate, tanto para a hostalería como para o comercio que se verán afectados polas restriccións destas semanas. Advirte de que será un semestre moi complicado para a economía galega.